URBACT é un programa europeo de intercambio e aprendizaxe que promove o desenvolvemento urbano sostible e integrado, englobando a 550 cidades, 29 países e 7000 axentes locais activos. Financiado conxuntamente pola Comisión Europea (Fondos Europeos de Desarrollo Regional) e os Estados Membros, URBACT facilita que as cidades europeas traballen de forma conxunta no desenvolvemento de solucións efectivas e sostibles para os principais desafíos aos que se enfrentan, compartindo boas prácticas e a experiencia adquirida e integrando dimensións económicas, sociais e ambientais.
