Como resposta á Recomendación do Consello relativa á implantación da Garantía Xuvenil, o 19 de decembro de 2013 o Goberno de España presentou á CE o Plan Nacional de Garantía Xuvenil.  Este Plan, que se atopa aliñado coa Estratexia de Emprendemento e Emprego Novo 2013-2016, recolle un catálogo común de actuacións que serán desenvolvidas polos organismos intermedios do Programa Operativo de Emprego Xuvenil (POEX) e terán como obxectivo a redución do desemprego xuvenil.  A Iniciativa de Emprego Xuvenil representa un dos instrumentos máis importantes para o desenvolvemento da Garantía Xuvenil en España e articularase a través deste Programa Operativo.

Proxectos asociados

O Plan xuvenil de cualificación profesional Impulsa dirixirase a mellorar a empregabilidade de 85 persoas no sector das Tecnoloxías e da Comunicación (TIC) a través de cinco itinerarios formativos. Está destinado a persoas...
Programas de formación certificada cunha axuda de 350€/mes para cada participante Un programa de emprego xuvenil que ten como obxectivo mellorar a empregabilidade da mocidade de Santiago. Desenvolveranse 19 itinerarios de...