Impulsa

O Plan xuvenil de cualificación profesional Impulsa dirixirase a mellorar a empregabilidade de 85 persoas no sector das Tecnoloxías e da Comunicación (TIC) a través de cinco itinerarios formativos. Está destinado a persoas maiores de 16 anos e menores 30 inscritas no Sistema de Garantía Xuvenil e que conten, como mínimo, co Bacharelato. O programa porase en marcha a finais de marzo ou principios de abril. Todos os itinerarios contarán con formación específica, transversal, prácticas en empresas e titorías de orientación, implicando a obtención da certificación oficial  correspondente.

Itinerarios 
Os mozos e mozas poderán decidir entre cinco camiños formativos diferentes, que contan con 17 prazas e dan dereito a un certificado profesional do nivel 3. O primeiro dos itinerarios está relacionado coa confección e publicación de páxinas web, con 460 horas de formación. O segundo leva por nome "Manexo profesional de drons, montaxe e mantemento, con especialización no seu uso para o sector audiovisual", con 400 horas. Outro dos itinerarios está vinculado ao desenvolvemento de aplicacións con tecnoloxías web e conta con 430 horas de formación. O cuarto e o quinto versan sobre marketing e comunicación, así como community management, e teñen unha formación de 500 horas.

 

Fondos europeos: 

526.000 €