Na Estratexia Europa 2020 a Unión Europea sinala o camiño para o seu futuro. Trátase de crear as condicións propicias para un tipo de crecemento distinto, máis intelixente, sostible e integrador. Este modelo debe estar asentado na mellora da competitividade, a innovación e a formación, debe asegurar a cohesión económica e social, debe abordar o desafío demográfico e debe utilizar o potencial das mulleres dunha maneira máis extensa e eficaz.
As cidades son primordiais dentro deste modelo de desenvolvemento sostible, e por iso os regulamentos dos Fondos Estruturais establecen a obriga de destinar cando menos un 5% dos recursos FEDER a medidas dirixidas ao desenvolvemento urbano integrado e sostible e que atendan aos ámbitos sociais, económicos e ambientais das cidades.
O programa Operativo de Crecemento Sostible (POCS), cofinanciado polo FEDER, participa plenamente da Estratexia Europa 2020 e concéntrase en catro eixos prioritarios:
- Eixo 4: Economía baixa en carbono.
- Eixo 12: Desenvolvemento urbano integrado e sostible.
- Eixo 6: Calidade da auga.
- Eixo 7: Transporte sostible.
