Atlantic Social Lab

Interreg Atlantic Area é un programa de financiamento europeo que promove a cooperación transnacional entre 37 rexións Atlánticas de cinco países europeos. Con fondos do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER) este programa cofinancia a cooperación nos eidos da Innovación e Competitividade, Eficiencia dos Recursos, Xestión de Riscos Territoriais e Biodiversidade, Patrimonio Natural e Cultural.

Na segunda fase da primeira convocatoria de proxectos desta iniciativa europea o Comité de seguemento do Programa de Cooperación transnacional Atlantic Area 2014-2020, na reunión que tivo lugar en Porto os 4 e 5 de maio do 2017, aprobou o denominado Atlantic Social Lab co código EAPA_246/2016, do que o Concello de Santiago de Compostela é un dos 9 socios.

O obxectivo é a creación de novas solucións nos servizos de benestar para lograr sociedades innovadoras baseadas en recursos privados e non gubernamentais para complementar o financiamento público. Tamén ten a intención de por en práctica novos métodos de compromisos coa cidadanía (é dicir, elaboración de orzamentos participativos ou sistemas de toma de decisións abertos e o desenvolvemento de ferramentas online) para recoñecer a importancia da participación activa de cidadáns no desenvolvemento exitoso das rexións Atlánticas.

O período de duración do proxecto é de 30 meses desde a súa aprobación, co que rematará o 31 de outubro do ano 2019.

No desenvolvemento do proxecto, o Concello de Avilés liderará un grupo europeo de 9 socios composto polo Concello de Santiago de Compostela, o Concello de Cork (Irlanda), as Universidades Glasgow Caledonian (Reino Unido) e Coimbra (Portugal), as axencias de apoio ao emprendemento social CRESS Bretagne (Francia) e Enterprise North West (Reino Unido), a Axencia de desenvolvemento rexional ADRAVE (Portugal) e a Aglomeración de Pau-Pyrénées en Francia.

O custo elixible deste programa é de 1.643.000,00€ para todo o proxecto, cunha taxa de cofinanciamento máximo do 75% dos gastos, que supón un máximo de 1.232.250,00€

O orzamento previsto para o Concello de Santiago de Compostela é de 169.700 €, dos cales son elexibles o 75%, que supoñen 127.275 €.

Fondos europeos: 

1.200.000 €

Fondos propios: 

170.000 €