Smartiago

O Concello de Santiago de Compostela conta coa iniciativa SMARTiAGO, como estratexia para responder aos retos de innovación, implicando no se proceso a axentes do Sistema de I+D+i local, rexional e nacional. O seu obxectivo principal é a posta en marcha da folla de ruta formada por un conxunto de solucións tecnolóxicas innovadoras no ámbito das cidades intelixentes, encamiñadas a converter a Santiago de Compostela na primeira iniciativa que busca eficiencia, máxima aplicabilidade e adaptación da I+D ás problemáticas das Cidades Patrimonio no seu conxunto, de xeito que os resultados sexan altamente escalables, eficientes e replicables noutras cidades ou contornas nos que o Patrimonio Histórico sexa un atributo distintivo das mesmas. SMARTiAGO permitirá posicionarse tecnoloxicamente nun campo novo a empresas con grande capacidade tecnolóxica, á Universidade e aos Centros de I+D+i do ecosistema local, todo elo acometendo novos retos en liña cos obxectivos FEDER 2014-2020.
O importe total do proxecto ascende a 6.180.000 €, dos que un 80% (4.944.000 €) serán aportados polo Programa Operativo Plurirrexional de España (POPE) 2014-2020 a través do Convenio firmado co Ministerio de Ciencia, Innovación y Universidades para o Proxecto «SMARTIAGO», e outro 10% (618.000 €) que son financiados pola Axencia Galega de Innovación grazas ao Convenio firmado co propio Concello.
-Obxectivo temático 1: fortalecer as capacidades en I+D+i que permitan o desenvolvemento de vínculos e a creación de sinerxias entre o sector público e o sector empresarial; e estimular o investimento empresarial en I+D+i, a través de instrumentos tanto de oferta como de demanda, contribuíndo a mellorar a competitividade empresarial apoiada na innovación e a creación de emprego de alto valor engadido.
-Obxectivo específico: OE.1.2.1. Impulso e promoción de actividades de I+i lideradas polas empresas, apoio á creación e consolidación de empresas innovadoras e apoio á compra pública de innovación.
-Eixo prioritario 01, dentro da Prioridade de investimento 1 b:” O fomento do investimento empresarial en I+i, o desenvolvemento de vínculos e sinerxias entre as empresas, os centros de investigación e desenvolvemento e o sector do ensino superior, en particular mediante o fomento do investimento no desenvolvemento e o sector do ensino superior, en particular mediante o fomento do investimento no desenvolvemento.
-Actuación: 004 – Liña de Fomento da Innovación desde a Demanda ( FID) e da Compra Pública Innovadora (CPI).
Documentos Antifraude
- Declaración institucional de loita e compromiso antifraude.
- Código de conduta e principios éticos.
- Plan de Prevención de Riscos e Medidas contra a Fraude.
- Declaración de ausencia de conflito de intereses.
- Caixa de correos de denuncias antifraude do Servizo Nacional de Coordinación Antifraude da IGAE
4.944.000 €
618.000 €
- Visitas totais: 5624