Plataforma de goberno aberto, colaborativa e interoperable

O proxecto é un dos beneficiarios da "II Convocatoria de Ciudades Inteligentes" do Ministerio de Economía e Empresa.

Cidades Abertas, en claro aliñamento co Plan Nacional de Cidades Intelixentes, ten como principal obxectivo o desenvolvemento pleno das políticas de Goberno Aberto nas cidades, mediante un impulso decidido da publicación de datos abertos, o desenvolvemento de procesos participativos e a publicación de servizos que favorezan a transparencia por defecto.

Fondos europeos: 

1.255.000 €

Fondos propios: 

200.000 €