Inclusión Social de colectivos en risco de exclusión

O Programa Local de Inclusión Social pretende incidir a nivel individual e grupal para reforzar e fortalecer todos aqueles aspectos que poidan axudar a mellorar á empregabilidade das persoas que acceden a este servizo. Articulase sobre a elaboración de itinerarios integrais de inserción sociolaboral que, tomando como punto de partida a corresponsabilidade dos beneficiarios, contemple o desenvolvemento de estratexias individuais no seu proceso de incorporación ao mercado laboral.

Co obxectivo tanto de dar resposta ás diferentes situacións de partida dos colectivos beneficiarios, como de poder ampliar o número de persoas atendidas, e dentro do marco das prestacións e servizos incluídos na carteira de servizos sociais de Inclusión aprobada polo Decreto 61/2016, do 11 de febreiro, planifícase un programa formado por dúas seccións:

  • Sección de inclusión básica, destinada a colectivos con maiores necesidades no ámbito persoal: adquisición e mellora de habilidades sociais básicas e avanzadas que incrementen a competencia social e persoal, desenvolvemento das capacidades e destrezas individuais e sociais que melloren a autonomía da persoa…
  • Sección de inclusión e transición ao emprego, destinada a aquelas persoas con necesidades enfocadas no desenvolvemento e a mellora de habilidades conducentes á consecución e mantemento dun emprego normalizado. Comprende a celebración de accións para a mellora da empregabilidade: sesións grupais de busca de emprego, actividades formativas (motivación, habilidades, autoemprego, entrevistas de traballo...), acompañamento...

O programa está estruturado en tres eixes principais:

  1. información, orientación;
  2. formación de adultos e prelaboral, así como a derivación cara una formación laboral adecuada e
  3. mediación para o acceso ao mercado de traballo.

O Programa Local de Inclusión Social de colectivos en risco de exclusión está cofinanciado pola Unión Europea, no marco do Programa Operativo FSE Galicia 2014-2020, no obxectivo temático 9: “Promover a igualdade, a saúde e a inclusión social”