Apoio á inclusión residencial de persoas en situación de vulnerabilidade social

O programa de apoio á inclusión residencial de persoas en situación de vulnerabilidade social xurde da necesidade detectada polos diversos profesionais que desenvolven a súa labor nos diferentes Puntos de Atención de Servizos Sociais (PASS) da dificultade que presentan as persoas que presentan diversos factores de vulnerabilidade para poder atopar vivenda no mercado ordinario. O seu obxectivo principal é favorecer o acceso a unha vivenda digna, como factor imprescindible para a mellora da calidade de vida, a  través de procesos participacitivos e colaborativos  entre todos os axentes socias implicados  na garantía deste dereito constitucional.

Considérase como poboación destinataria do presente programa as persoas, con residencia efectiva no termo municipal de Santiago de Compostela, nos que concorra unha situación de ausencia ou déficit grave de recursos económicos, así como a concorrencia dalgún dos factores de exclusión social recollidos no artigo 3.1 da Lei 10/2013, de 27 de novembro, de inclusión social de Galicia: estar nunha situación de cargas familiares non compartidas, estar en proceso de rehabilitación social, ter a condición de muller vítima de violencia de xénero, ter unha discapacidade valorada superior ao 33 %... entre outros factores.

A intervención do programa se vertebra a través de dous eixos principais:

  • Intervención con familias en situación ou en risco de desafiuzamento, ofrecendo orientación e información sobre os procedementos de actuación ante estes procesos, así como apoio e acompañamento na búsqueda dunha vivenda alternativa.
  • Intervención socioeducativa na área da vivienda, con diferentes liñas de acción segundo as necesidades detectadas: promovendo intervencións integrais, que permitan abordar as situacións de infravivienda, apoiando ás familias na adquisición das habilidades necesarias para a vida diaria autónoma nunha vivenda normalizada, promovendo as condiciones necesarias para garantir o dereito constitucional a unha vivenda digna e adecuada...

O Programa de apoio á inclusión residencial de persoas en situación de vulnerabilidade social está cofinanciado pola Unión Europea, no marco do Programa Operativo FSE Galicia 2014-2020, no obxectivo temático 9: "Promover a igualdade, a saúde e a inclusión social"