Apoio á inclusión de persoas sen fogar

O Programa de apoio á inclusión de persoas sen fogar pretende contribuír á mellora das condicións de vida das persoas que se atopan nunha situación de exclusión residencial, incidindo a nivel individual mediante proxectos personalizados en todos aqueles aspectos determinantes da súa situación susceptibles de mellora. Falamos así de un modelo de inclusión básica, centrado no acompañamento como método de intervención para revertir a situación de partida e acadar melloras que permitan contribuír á inclusión activa da persoa na súa contorna. Ten como destinatarias a aquelas persoas da cidade que se atopan nunha situación de senfogarismo, entendida ésta como:
- Persoas sen teito (sen aloxamento de ningún tipo, en situación de rúa)
- Persoas sen fogar (residencia en dispositivos temporais: albergues, pensións pagadas por dispositivos públicos ou entidades de iniciativa social...)
- Persoas con vivenda inadecuada (situacións de infravivenda, ocupación...)
O Programa de apoio á inclusión de persoas sen fogar está cofinanciado pola Unión Europea, no marco do Programa Operativo FSE Galicia 2014-2020, no obxectivo temático 9: “Promover a igualdade, a saúde e a inclusión social”, para promover a mellora das condicións de vida das persoas en situación de senfogarismo, mediante o desenvolvemento de procesos individualizados e integrais de apoio á inclusión, desde unha perspectiva ligada ás necesidades persoais e potenciando a perspectiva do enfoque de xénero.