O Programa Operativo FEDER de Crecemento Intelixente 2014-2020 (POCInt), é o documento no que se concreta a estratexia e os obxectivos da intevención da Administración Xeral do Estado (AXE) cofinanciadas co fondo FEDER co obxectivo de:

  • Contribuír á mellora e recuperación da competitividade da economía española, a través do impulso dun modelo de crecemento máis intelixente, apoiado na investigación, a innovación e as TIC, con especial atención ás necesidades e ao potencial das PYME.
  • A elaboración do POCInt foi liderada pola Dirección General de Fondos Comunitarios, do Ministerio de Hacienda y Administraciones Públicas, a partir dos traballos realizados durante a elaboración do Acordo de Asociación de España 2014 2020 (AA), coordinado e elaborado nesta mesma Dirección General con participación de representantes dos outros Fondos Estruturais e de Inversión Europeos (ESI) - FEDER, FSE, FEADER e FEMP) e en continuo diálogo cos servizos da Comisión Europea.

Proxectos asociados

O Concello de Santiago de Compostela conta coa iniciativa SMARTiAGO, como estratexia para responder aos retos de innovación, implicando no se proceso a axentes do Sistema de I+D+i local, rexional e nacional. O seu obxectivo...